A Xunta destinará cinco millóns de euros á impulsar o uso do galego no sector económico

É o primeiro plan destas características que desenvolve as directrices do Plan Xeral de Normalización de 2004

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Consello da Xunta deste xoves aprobou o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, un documento que recolle as distintas medidas e accións para a implantación e consolidación do uso do idioma galego no sector económico, e que foi completado con achegas solicitadas a 314 axentes implicados no sector económico, ademais do Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará ao desenvolvemento desta folla de ruta máis de 5 millóns de euros.

O plan, que conta cun orzamento deimporte total de cinco millóns cento oitenta e sete mil trescentos vinte e sete euros, estrutúrase a través de tres obxectivos estratéxicos principais, nomeadamente crear consciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relación laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua galega no ámbito económico, nas relacións laborais, comerciais e empresariais, tanto na oferta coma na demanda de produtos e servizos; e utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado. Trátase da primeira vez que desde a Administración autonómica se leva a cabo un plan desta características, que desenvolve as directrices establecidas no sector 4 do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no ano 2004.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Educación, Consellería de Cultura, Consello da Cultura Galega...