A USC busca estender o emprego do galego entre o profesorado

Na actualidade só o 21 por cento das horas se imparten na nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Ensinas máis do que cres é o lema da campaña que presentaba onte a Universidade de Santiago (USC). Con este lema, a institución quere animar ao seu persoal docente e investigador a que empregue o galego nas aulas. Segundo fixo público a Universidade, só un 21,57 por cento das horas de docencia se imparten na nosa lingua na actualidade.

Ademais de incidir en que canda aos coñecementos os docentes tamén transmiten actitudes, a campaña prevé tamén medidas de apoio aos interesados en empregar correctamente o galego.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos