O Dicionario Xurídico Galego achega 2.000 entradas de léxico especializado

A obra, pioneira no seu campo, presentouse onte da man de Xerais e de Política Linguística

13/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
39 lecturas | Compartido 0 veces

Capa do Dicionario xurídico galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaba na tarde de onte en Compostela o Dicionario Xurídico Galego, un proxecto pioneiro neste campo. A obra, promovida pola Revista Xurídica Galega e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ve a luz da man de Edicións Xerais e achega aproximadamente dúas mil entradas, con conceptos esenciais de Dereito, información crítica sobre a lexislación estatal e mais termos e institucións propias do Dereito Civil galego. Segundo sinalou Lorenzo, o traballo é "unha obra monumental coa que a nosa lingua acode a unha nova cita coa historia".

O novo dicionario contou coa participación de 120 especialistas e desenvolveuse ao longo dos últimos catro anos. O volume ten 1408 páxinas e sae á venda por 60 euros.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Política Lingüística, Anxo Lorenzo, Historia...