A Xunta publica Astronomía a ollo ceibe de Ramón María Aller

A publicación homenaxea o astrónomo como pioneiro da divulgación científica en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Cando se fan cincuenta anos do falecemento de Ramón María Aller, astrónomo de Lalín, a Xunta decidiu homenaxear o seu traballo como pioneiro da divulgación científica na nosa lingua. Así, a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba onte Astronomía a ollo ceibe, edición en galego da clásica obra de difusión deste científico. A nova versión ve a luz da man do Observatorio da USC co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e pretende recuperar para a nosa lingua unha obra que só se publicara en castelán, aínda que existen novas de que fora orixinalmente realizada en galego. Ademais desta edición, o Museo Municipal de Lalín acolleu na tarde onte un acto de homenaxe ao astrónomo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón María Aller, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Lalín...