Política Lingüística financia un dicionario xurídico galego

O departamento achegará 110.000 euros e asesoramento técnico

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Asociación Revista Xurídica Galega (Rexurga) abordará a elaboración dun dicionario xurídico galego. O colectivo asinou esta mañá un convenio polo a Secretaría Xeral de Política Lingüística financia con 110.000 euros os traballos de elaboración deste texto e achega ademais asesoramento técnico e lingüístico. O dicionario, que terá versións en papel e electrónica, contará cun mínimo de 2.000 entradas, e os seus contidos estarán supervisados polo Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en lingua galega (Termigal). Está previsto que a obra fique rematada para 2010.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Política Lingüística, Lingua galega, Secretaría Xeral de Política Lingüística