Industria promove un Dicionario das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

TIC da A á Z

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

O Dicionario Enciclopédico Galego das TIC achegará ao noso idioma os termos e definicións destas tecnoloxías. O proxecto, que acaba de presentar a Consellaría de Industria, desenvolverase coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e o asesoramento lingüístico da Real Academia. Previsto para dentro de tres anos, o dicionario ten un orzamento de 167.040 euros, e contará con actualizacións permanentes que se poderán consultar na rede.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, TIC, Consellaría de Industria

Claves

Conceptos