O programa “Galiza, Terra de navegantes” celebrará por xunto o día das Letras, o de Internet e o das Telecomunicacións

Letras dixitais

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

As tres grandes efemérides que se celebran o 17 de maio, o día das Letras, o de Internet e o das Telecomunicacións, contan cun programa conxunto. A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, presentaba hoxe o programa “Galiza, Terra de navegantes” que integra oito iniciativas na rede e cen accións para promover o emprego do galego e das novas tecnoloxías. A proposta céntrase no web maisinternetmaisgalego.org e tratará temas coma a tradución de software libre e accesibildidade das tecnoloxías da información e da comunicación, a presentación do Dicionario Enciclopédico da TIC, que se desenvolverá os vindeiros dous anos, unha xornada sobre web 2.0 ou o certame Ti+D.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Dicionario, Tradución, TIC...