Innovación celebrara conxuntamente o Día das Letras Galegas e o Día de Internet

Un día que vale por dous

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O día 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Pero tamén o Día Mundial de Internet, das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Unhas celebracións que a Consellaría de Innovación quere unificar. Deste xeito, o departamento que dirixe Fernando Blanco pretende que a lingua se integre nas oportunidades que ofrece a rede. Para iso está previsto unha serie de medidas entre as que figura “17 conexións co galego”, os concursos “A tinta nas letras” ou “O galego no espello”, o portal “macomun.org”, así como a presentación de novas ferramentas informáticas en galego.

Máis información no portal Máis internet, máis galego, máis futuro

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Día das Letras Galegas, Lingua galega