O dÃa 17 de maio, ademais do DÃa das Letras Galegas, é tamén o de Internet e da Sociedade da Información. Unha celebración na que se ofreceron novos datos que confirmaron que Galicia está á cola de España e de Europa no uso da Internet. Sen embargo, tanto expertos como a administración aseguran que mudará esa situación. Para iso, aseguran que o primeiro chanzo pasa por levar a rede por toda Galicia, seguido do desenvolvemento das novas tecnoloxÃas e a promoción dun clúster para unir aos distintos sectores implicados (administración, empresa e sociedade). Ademais, a Xunta aproveitou a data para presentar “Open Office 2.0” un corrector ortográfico de galego que se pode descargar de balde desde o portal Mancomun.org, a iniciativa galega polo software libre.
Máis información sobre a situación en Galicia e a promoción dun clúster no Faro de Vigo, no canal Fwwwrando, e sobre as cifras en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, e baixa o “Open Office 2.0” no portal Mancomun.org