O CESGA asina un convenio cos usuarios galegos de Linux mentres as universidades debaten as posibilidades do software libre

Unión libre

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Hai un mes o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), presentaba o portal mancomun.org, dedicado ao software libre. Onte, esta mesma entidade asinaba un convenio de colaboración cos Grupos Galegos de Usuarios de Linux. A idea é que estes grupos de programadores colaboren co CESGA na organización de xornadas, na difusión do software libre e na elaboración de contidos para o portal. Ao tempo, no marco da Tech Business Week que se está a celebrar en Compostela, as universidades galegas deron a coñecer onte os seus proxectos de desenvolvemento de programas deste tipo.

Máis información en Mancomun.org e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Centro de Supercomputación de Galicia, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Santiago de Compostela