Comezan as I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia, que quere achegar aos docentes estas tecnoloxías

Educación en libre

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A Asociación de Usuarios GNIX de Galicia organiza hoxe e mais mañá as I Xornadas de Software Libre na Educación, que pretenden amosar aos profesores de ensino secundario as posibilidades educativas deste tipo de programas. O programa do evento inclúe cursos sobre a aplicación do software libre en institutos e en intranets educativas ou a introdución á instalación de Linux, así coma unha mesa dedicada ás posibilidades empresariais deste tipo de programas. O evento conta coa colaboración da maioría da asociacións de usuarios de Linux do país.

Máis información no web de AGNIX; en Xornal.com; máis sobre software libre nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Asociacións, Culturagalega, Ensino

Claves

Entidades
Lugares