A Xunta presenta o seu Plan de Software Libre para 2011

Un catálogo de software libre para empresas, o seu emprego na administración e mais no ensino son algunhas das propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:

Cun investimento de 865.000 a Xunta presentaba esta mañá o seu Plan de Software Libre para 2011. Coa integración de programas non propietarios nas empresas como un dos seus eixes vertebradores, a proposta inclúe a publicación dun catálogo dos produtos deste tipo dispoñible para os diferentes sectores produtivos. A nivel de administración, anunciouse que os proxectos de administración electrónica estarán baseados en aplicacións non propietarias, así como novas medidas para impulsar o emprego de formatos libres nos documentos xerados polo sector público. Ademais, a Xunta sinala que a extensión do programa Abalar para a dixitalización do ensino impulsará tamén este tipo de software xa que os computadores que se distribúen van equipados con programas deste tipo. Na presentación do Plan, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, anunciou tamén que Galicia se adheriu ao Centro Nacional de Referencia de Fomento do Software Libre.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino

Claves

Lugares