A Xunta aposta polo software libre para os centros de ensino e reparte quiñentos computadores dotados de Linux

Linux para ensinar

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
As abondosas solicitudes para que a Xunta empregue software libre acaban de ver unha primeira resposta positiva. A Consellaría de Educación repartiu no que vai de ano arredor de quiñentos computadores dotados de Linux en diferentes centros de ensino do país. A intención desta medida non é, segundo os seus responsables, substituír totalmente o Windows, senón garantir a liberdade de elección dos usuarios. A consellaría xa anunciou que convocará cursos para ensinar o manexo deste sistema operativo.

Máis información en La Voz de Galicia; o noso tema sobre software libre en galego; a recente polémica sobre o Windows XP en galego

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Culturagalega, Educación, La Voz de Galicia...