A Xunta acorda con Microsoft traducir Windows Vista ao galego

Windows tamén

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Mentres a Consellaría de Industria promove a través de Mancomun.org o software libre no noso idioma, a Secretaría Xeral de Política Lingüística chegou a un acordo con Microsoft para traducir ao galego o sistema operativo Windows Vista e mais a suite Office. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, participaba onte na presentación destes produtos, que se poden descargar xa desde o web de Microsoft. A iniciativa enmárcase na campaña “Faille un clic ao galego”, coa que Política Lingüística quere difundir a nosa lingua no ámbito das novas tecnoloxías.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Emilio Pérez Touriño, Consellaría de Industria, Secretaría Xeral de Política Lingüística