Microsoft e a Xunta presentan a versión en galego do Windows XP e garanten a súa pervivencia en novas versións do sistema operativo

XePé

Windows XP xa dispón dunha versión en galego. “O galego vai ser máis críbel a partir de agora”, afirmou satisfeito Pablo González Moreiras, director xeral de Normalización lingüística da Xunta, “moita xente pensará que se Microsoft cre no futuro da lingua, o galego ten futuro”. A tradución do novo paquete lingüístico do sistema operativo máis empregado do mundo foi realizada por Imaxín Software e supervisado e validado polo proxecto Termigal, en colaboración coa Real Academia Galega e o Centro Ramón Piñeiro da Consellería de Educación. A tradución do Windows ao galego non tivo custe económico para a Xunta de Galicia e, segundo Pablo G. Moreiras, terá continuidade nas novas versións do sistema operativo. No acto, no que interviron entre outros o presidente Manuel Fraga e Rosa García, conselleira delegada de Microsoft Ibérica, tamén se presentou a actualización para Office 2003 do corrector ortográfico 2.mil, desenvolvido por Imaxín e que se comezará a distribuír coas novas versións deste paquete ofimático. O custe do novo software de corrección foi de 30.000 euros. A incorporación deste programa a Office nas vindeiras edicións tamén semella estar garantida. Aviso para os que están fóra: o paquete de lingua galega non se instalará sobre o sistema operativo se este está configurado nun idioma diferente ao español.

Sobre Windows no noso buscador. Portal da Consellaría de Educación onde se pode descargar a actualización de Windows e o corrector 2.mil3 ; Imaxín Software