Microsoft comprométese a editar a tradución de Windows XP ao galego "antes do verán"

Antes do verán, en galego

Microsoft comprométese a ter unha versión de Windows en galego “antes do verán”, segundo a xefa de produtos de Windows XP, Mar Bastida, da filial española de Microsoft. Bastida respondeu así á campaña iniciada pola Mesa pola Normalización Lingüística da que dabamos conta antes, e o Presidente desta entidade, Carlos Callón, manifestou que se trata dun "paso histórico para o noso idioma". Segundo informa Europa Press, a Consellería de Educación supervisa as versións en galego do Windows XP e do Office 2003, que contan co aval do Seminario de Terminoloxía do Galego, dependente da Dirección Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega. (Actualización ás 19:14 h.)

Máis información na web da Mesa e na canle galego.org de de Vieiros