Microsoft asegura que en quince días estará acabada a versión en galego de Windows XP

Quince días para abrir a xanela

11/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un acordo asinado hai xa oito meses entre a Xunta de Galicia e Microsoft permitirá, segundo a empresa, que en dúas semanas estea acabada a versión para o galego do Windows XP e do Office 2003. A tradución, avalada polo Seminario de Terminoloxía do Galego, foi acollida favorabelmente desde a Mesa pola Normalización Lingüística, aínda que a organización denunciou nun comunicado o secretismo con que, ao seu ver se desenvolveu o proceso.

Máis información en Galicia Hoxe; a noticia e as aclaracións da Mesa na canle galego.org de Vieiros; Código Cero e o web da Mesa

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Tradución, Normalización Lingüística, Galicia Hoxe...