Microsoft presenta novas versións en galego dalgúns dos seus programas

Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint están na nosa lingua da man dun acordo coa Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Un acordo entre a Xunta de Galicia e mais Microsoft permitiu que a multinacional informática anuncie a versión na nosa lingua de novos programas informáticos. O vindeiro 24 de febreiro o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a presentación oficial das traducións do Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint. O proxecto está enmarcado na campaña Vive en Galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)