Preséntase a versión en galego do Office 2003, que se pode descargar de balde

Co galego no escritorio

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A implantación do software no noso idioma dá un paso máis coa presentación do paquete Office 2003. Este produto de Microsoft permitirá contar cun interface en galego para programas coma o Word, o Excel, o Outlook ou o PowerPoint. O lanzamento é resultado da colaboración entre Microsoft e a Xunta de Galicia, e contou co asesoramento da Real Academia, o centro Ramón Piñeiro e o Consello da Cultura Galega. O programa que porá en galego a nosa versión destes programas pode descargarse de balde no web de Microsoft.

Máis información en Galicia Hoxe;a descarga do paquete de interface no web de Microsoft

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Galicia Hoxe, Centro Ramón Piñeiro, Consello da Cultura Galega...