A Xunta de Galicia asina un acordo con Microsoft para impulsar as novas tecnoloxías e crear un Libro Branco das Tecnoloxías

Xunta a Microsoft

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, asinaba onte un convenio coa conselleira delegada de Microsoft Iberia para impulsar as novas tecnoloxías en Galicia. Este acordo suporá que o Goberno Autonómico terá prioridade para adquirir e actualizar produtos de Microsoft, mentres que a empresa porá a disposición da Xunta consultores e recursos para optimizar a aplicación dos seus programas. A colaboración inclúe tamén a creación dun Centro de Excelencia dirixido a empresas para divulgar as tecnoloxías da información, e a elaboración dun Libro Branco das Tecnoloxías que incluirá as normas básicas que deben seguir as empresas para se incorporar ao mundo dixital.

Máis información no web da Xunta e en Vieiros; a nosa noticia sobre o Windows en galego

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Xunta de Galicia, Manuel Fraga, Culturagalega

Claves

Protagonistas