O mundo en galego promoverá a lingua e a lectura nos mais novos

É a primeira campaña da actual Secretaría Xeral de Política Lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística inicia hoxe a súa primeira campaña de dinamización da nosa lingua dentro do programa Bocaberta. O mundo en galego desenvolvida en colaboración con Oqo, pretende achegarlles aos máis novos as culturas, historia e costumes doutros lugares do planeta a través da libros na nosa lingua. O proxecto, que bota a andar mañá en Chantada, percorrerá diferentes centros de ensino de todo o país con obradoiros de dinamización lectora e de escrita, contacontos e outras actividades. Os centros participantes desenvolverán tamén unha curtametraxe de animación conxunta mediante a técnica de stop-motion. O resultado poderá verse no web www.omundoengalego.eu.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Animación, OQO...