Os Reis Magos protagonizan a campaña de Nadal de Política Lingüística

Sesenta concellos participarán nas actividades de Nadal en Rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os Reis Magos protagonizan a campaña de Nadal de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou a súa programación para Nadal destinada á Rede de Dinamización Lingüística, un feixe de actividades no que os Reis Magos, ao igual que na edición do pasado ano, teñen unha destacada importancia. Sesenta concellos participarán en actividades desta iniciativa, entre eles 24 que acollerán representacions da obra O crebanoces. Canda a isto, están previstas visitas dos Reis a centros escolares nas que "Melchor, Gaspar e Baltasar falarán o galego e faranlles saber aos nenos e nenas o moito que lles gusta a nosa lingua", segundo recolle o web de Política Lingüística. Obradoiros de Cantos de Reis, cartas para pedir agasallos, a distribución de O libro dos Reis Magos ou a creación dun catálogo de presentes na nosa lingua para a mocidade son outras actividades previstas no programa.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Nadal+vacacións=nenos

Nadal+vacacións=nenos

Os concellos centran os seus esforzos nos pequenos na programación de Nadal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis, Nadal, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística...