26 escritoras escriben a súa carta aos Reis Magos

O libro foi editado pola Xunta e pódese descargar de balde

Portada do libro
Portada do libro
A Consellería de Cultura presentou onte O libro dos Reis Magos, con ilustracións de Marina Seoane e textos de 26 escritoras galegas como Paula Carballeira, Rosario Golmar, Rosalía Morlan, Andrea Porto, Celia Parra, Eva Lozano, Inma López Silva, Yolanda Castaño, Anxos Sumai ou Rosa Aneiros. Segundo Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación, "a Consellería impulsa esta nova iniciativa de promoción do galego para que os representantes das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, podan ler aos máis cativos as súas peticións e bos desexos para o noso idioma". O libro encádrase dentro das accións de Nadal en Rede desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da Rede de Dinamización Lingüística.