O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez e mais do director xeral de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, presentaban esta mañá no Hostal dos Reis Católicos, en Compostela a Rede de Dinamización LingüÃstica. A nova entidade pretende coordinar o traballo a prol do galego nas administracións locais e conca co apoio de 93 entidades, das cales 88 son concellos aos que se suman o consello da Cultura Galega, a Deputación de Ourense e as mancomunidades de Arousa Norte, Terras de Celanova e a Comarca de Fisterra.
No acto de presentación, no que pronunciaron senllos discursos XaquÃn Monteagudo, da Irmandade XurÃdica Galega e mais o académico Xesús Ferro Ruibal, abondaron as referencias á Declaración do Hostal, que reuniu en 1984 alcaldes de todo o paÃs para un pronunciamento conxunto a prol da promoción do idioma. Ferro Ruibal apuntou o "momento histórico" que supuña este acto e lembrou que desde o século XV "pasaron 470 anos sen que houbese ningún documento oficial en galego". O conselleiro, Xesús Vázquez, lembrou que a entidade que hoxe se presentou leva tempos en preparación e sinalou que "hai anos que os especialistas na dinamización da lingua veñen apuntando a necesidade de iniciar un proceso de coordinación semellante".
No entanto, a coincidir con este lanzamento, a Coordinadora de Traballadores de Normalización LingüÃstica desmarcouse do proxecto, ao sinalar que non se tiveron en conta ao colectivo de técnicos á hora de organizalo e que non se respectaron as decisións tomadas en conxunto nas xuntanzas preparatorias. Ademais, sinalou que en moitos concellos non se conta cos traballadores no campo da lingua para os representar na nova entidade e denunciou asimesmo a redución de fondos que están a sofrer os equipos de dinamización e normalización locais.
Anxo Lorenzo apuntou que no vindeiro mes de decembro se aprobará o programa de actividades da rede para 2012.