Os cantos de Reis e as panxoliñas son un elemento imprescindible no Nadal. Por iso, son dúas actividades que están presentes en todas as programacións que os concellos ofrecen para os seus cidadáns. Analizamos a oferta das principais cidades de Galicia para ver as súas semellanzas e diferenzas.
Nenos e maiores son os principais destinatarios das actividades culturais programadas polos principais concellos durante a época navideña. E moito máis, como é lóxico, para os primeiros que para os segundos. Alén das programacións deseñadas pola consellarÃa de Cultura (o Nadal máxico que chegará a 42 municipios) e a programación ofrecida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, como dos programas para o Salón Teatro, os concellos preparan o último cartucho dos orzamentos en organizar actividades para esta época de vacacións.
Nadal sonoro
A música é o prato estrela de toda programación cultural dos concellos que deu comezo a principios do mes de decembro. E dentro da música, encádranse os cantos de reis, as panxoliñas e os concertos das corais,orfeóns ou bandas de música. Son referencias obrigadas en todos os concellos que abren as programacións ás asociacións culturais das comarcas nesta época. Na programación de Lugo están desde a banda municipais, ata a coral San Antonio, a Lugho, a Polifónica Xolda ou o coro da asociación de amigos do Camiño de Santiago en Lugo. O Fórum Metropolitano do Concello da Coruña acollerá desde a agrupación folclórica “Os gaiteiriños” ata as asociacións culturais, Xacarandaina, Donaiere ou os Coros e Danza Eidos. Ourense sacará de paseo á súa banda municipal e hai programados concertos da coral Os Montes, de Palmés, Ruada ou Axóuxere.
No apartado musical, boa parte pretende recuperar o noso patrimonio cultural de corte musical (panxoliñas tradicionais), que se complementan con música tradicional máis actual (agrupacións de corte folclórico) con, de xeito minoritario, outro tipo de concertos.
Do obradoiro ao teatro
Outra das caracterÃsticas comúns son os obradoiros tradicionais de postais navideñas e relacionadas co tradicional belén que cada vez son menos frecuentes. Este tipo de actividades cada vez están organizadas, en lugar do concello, por museos, asociacións, ou centros que completan a oferta cultural. Santiago e Vigo acollen interesantes cursos para pequenos no marco das actividades para estas épocas que organizan tanto Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) como o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).
No ámbito teatral, os concellos integrados na Rede Galega de Teatros e auditorios, aproveitan o Nadal para darlle aos nenos actividades escénicas. Alén diso, concellos como o de Ourense ofrecen a súa oferta tradicional cunha Mostra de Teatro Infantil pensada sempre para os máis pequenos da casa.
Este ano, o concello de Santiago programou toda a súa campaña de Nadal na figura do Apalpador, unha das tradicións galegas de Nadal que se festexaba no Courel, que consistÃa nun vello xigante que tiña como oficio ser carboeiro e que vivÃa nas devesas de alta montaña. No Nadal baixaba ás aldeas para apalpar as barrigas dos nenos para comprobar que estaban ben alimentadas e deixáballes unha morea de castañas quentes. Obradoiros, contacontos e as actividades teatrais que se desenvolven na capital de Galicia este Nadal están centradas na figura do Apalpador.
Outras propostas de lecer
Canda as actividades de ámbito cultural, existe unha práctica moi habitual nos concellos galegos que comeza a popularizarse a cada ano que pasa, como e a pista de xeo para patinaxe. Actividade para grandes e pequenos que complementa a oferta de lecer propia para estas datas.
E para os que non poidan saÃr da casa, a Televisión de Galicia preparou unha programación especial de Nadal na súa primeira cadea. O sorteo da loterÃa de Nadal, os especiais de Larpeiros e Alalá (para noiteboa), xunto con Luar (para noitevella) e Reporteiros fan parte da programación especial. Ademais, o cine será outro dos protagonistas con programación para toda a familia, ademais de tres tÃtulos de producións audiovisuais galegas (Un franco, 14 pesetas, O ano da Carracha e As viuvas do mar). Para a segunda cadea, a G2, non hai prevista ningunha programación especÃfica e continuará coa liña de emisións centradas na programación infantil e xuvenil co XabarÃn Club.