A Xunta convoca un concurso público para desenvolver o labor de Mancomún.org

Nas bases figura a elaboración dun plan estratéxico a prol do software libre

| Santiago. Redacción | Seccións: TecnoloxíaSociedade
Compartir:

Naceu co obxectivo de ser o centro coordinador das iniciativas de software libre en Galicia. Chegou a contar con ata vinte técnicos contratados a través do CESGA. Hoxe esmorece mentres a Xunta acaba de convocar un concurso público para a contratación de servizos de consultoría dunha oficina que se encargue do “fomento, promoción e execución do Software Libre”. Entre os cometidos desta empresa, figura a elaboración dun plan estratéxico a “medio e longo prazo” a prol do software libre en Galicia. Segundo publica hoxe A Nosa Terra a Xunta argumentou que “Mancomún.org é simplemente un portal na internet, xa que –na pasada lexislatura– nunca chegou a crearse un centro de iniciativas de Software Libre”.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, A Nosa Terra

Claves

Entidades
Conceptos