O Dicionario da Real Academia Galega ven de incorporar novas entradas acordes cos usos normalizados do idioma, moitas delas do léxico relacionado coas tecnoloxÃas da información e a comunicación. Deste xeito poden encontrarse agora Ciberataque, ciberacoso, ciberseguridade ou ciberdelincuencia e conectividade. De igual xeito, Nube engade a acepción referida ao espazo de almacenamento virtual e recóllese xestor-a de comunidade como voz propia para o anglicismo community manager. Estes termos son, xunto a aporofobia, corremundos, claqué ou microscopia, algunhas das novas entradas visibles xa no Dicionario da Real Academia Galega.
Estes termos e as correspondentes definicións foron sancionados polo Seminario de LexicografÃa da institución, que entre xaneiro e a primeira quincena de xuño revisou ademais, por orde alfabética, preto de 2.200 voces desta ferramenta de referencia da lingua galega. Neste mesmo perÃodo, as novas entradas, as novas acepcións en termos xa recollidos no Dicionario e os cambios nas definicións foron preto de 350. Cento sesenta e oito novas voces e actualizacións corresponden a termos matemáticos revisados coa colaboración de especialistas de distintos eidos, un traballo que foi presentado o pasado mes de marzo na Academia. Entre as palabras que entraron no Dicionario durante o primeiro semestre de 2018, figuran outros termos presentes na lingua viva como rap, baremar ou tripi, na versión dixital do Dicionario desde o pasado mes de abril. As novas entradas e cambios no Dicionario aprobados pola Real Academia Galega poden ter varias orixes. Os propios membros da institución achegan propostas decote, pero a RAG tamén permanece atenta ás que recibe de particulares e institucións, a través de distintas canles, desde o correo postal á lapela do Dicionario "Axúdanos a mellorar", visible tras a definición de calquera termo, e mesmo as redes sociais.
'Faldriqueira' recobra actualidade coa moda
As dúbidas expresadas polos usuarios e usuarias do Dicionario tamén son de utilidade para detectar palabras ou acepcións que deben ser incorporadas a unha ferramenta dixital que cada dÃa recibe de media máis de 56.000 consultas, ás que hai que sumar as realizadas a través das aplicacións para dispositivos móbiles do Dicionario, que suman máis de 75.000 descargas. É o caso, por exemplo, da segunda acepción de faldriqueira, incorporada o pasado mes de febreiro. Igual que, tradicionalmente, denominou o peto interior que levaban as mulleres dentro da saia, hoxe este termo recobra actualidade para nomear a versión modernizada deste complemento, a bolsa pequena unida a un cinto que se cingue á cintura e que se emprega para levar obxectos persoais de pequeno tamaño.
Concerto na sede
Por outro lado a sede da RAG acolle o xoves 28 de xuño, a partir das 19:30 horas, a presentación do libro Padre Manuel Feijoo. Música da nosa terra (ArmonÃa Universal, 2018). Enrique Mourille, coordinador da edición, presentará a publicación xunto ao director de ArmonÃa Universal, o musicólogo e profesor Carlos Núñez Deza, e o presidente da Real Academia Galega, VÃctor F. Freixanes. As voces e os instrumentistas do grupo Resonet interpretarán varias composicións recompiladas no volume.