A pandemia xa ten o seu reflexo no léxico habitual e a Real Academia Galega ven de responder a esta realidade incorporando ao léxico recollido no Diccionairo varias das verbas que máis se están a usar xa neste contexto pero que ata hai uns meses a penas tiñan presenza de uso. Segundo veñen de comunicar dende a RAG, o Seminario de LexicografÃa da Real Academia Galega acordou na súa última xuntanza, celebrada telematicamente, incorporar ao Dicionario os termos covid-19, coronavirus, teletraballo, desconfinamento e desescalada xunto a outras palabras de uso crecente en plena pandemia, visibles desde esta mesma mañá na edición en liña desta ferramenta esencial da lingua galega. Dende o comezo do confinamento o pasado 15 de marzo, o Dicionario da RAG acadou o maior volume de consultas da súa historia. O mes de marzo rematou cunha media de 113.000 procuras diarias que en abril chegaron ás 133.000 (preto de 4.000.000 en total), un 82% por riba das rexistradas no mesmo perÃodo do ano anterior. A crise sanitaria tamén deixou pegada entre os termos máis buscados. Xunto aos que adoitan repetirse todos os meses nesta listaxe, como só, máis, fóra ou botar, nas últimas semanas as procuras das palabras corentena, confinamento, máscara e pandemia foron as que máis medraron.