A lingua móvese porque está viva e asà o demostran as actualizacións que ven de facer a Real Academia Galega incorporando preto de 400 novas entradas, ampliacións e modificacións ao Dicionario da lingua galega que xestiona. Os cambios son froito do traballo de revisión constante que realizan os membros do Seminario de LexicografÃa da Academia axeitando os contidos a unha realidade en constante evolución. Parte delas responde ademais ao diálogo que se establece cos usuarios e usuarias, que poden enviar as súas suxestións a través da lapela "Axúdanos a mellorar".
A última actualización inclúe termos como o neoloxÃsmo "idadismo"; "trans" e "cis", formas abreviadas de cisxénero e transxénero, que xa contaban con cadansúa entrada; "deporte electrónico" que nomea a competición de videoxogos entre dous ou máis usuarios; "alfábega", "alfarroba" produtos de uso cotián na cociña. A crecente preocupación polo cambio climático está tamén coa entrada da voz "antropoceno" e das locucións "quecemento global" e "efecto invernadoiro". Como mostra desa capacidade de resposta a RAG ven de comunicar hoxe mesmo a futura incorporación de "percebeiro" ao Dicionario, tras das solicitudes feitas polo sector desta actividade e canalizadas a través do Concello de MuxÃa. A través do seu Twitter a RAG confirmaba que a inclusión da voz "percebeiro - a" xa foi abordada no seo do Seminario de LexicografÃa con anterioridade á proposta da Asociación Percebe da Barca e que está aprobada a súa incorporación nas próximas actualizacións. Desde o sector van propor a incorporación do nome tamén á RAE. O Dicionario en liña da Real Acwdemia Galega rematou o ano 2022 con case 35 millóns de consultas. O repertorio dispón ademais dende a semana pasada dunha nova aplicación para dispositivos móbiles, para Android e iOS, que simplificará o acceso ás futuras actualizacións.