O Decreto para o plurilingüismo chega ao Supremo

Os artigos anulados polo TSXG foron enmendados mediante unha instrucción

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Tribunal Supremo admitiu a trámite a comezos desta mesma semana o recurso de casación que presentou a Real Academia Galega contra a sentenza sobre o Decreto para o Plurilingüismo que emitiu en novembro de 2012 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Na solicitude, a RAG solicita a anulación total do decreto, do que a sala galega eliminou unicamente dous artigos por consideralos contrario á legalidade. De xeito paralelo, El País recolle hoxe na súa edición galega que a Consellaría de Educación non substituíu os artigos anulados no decreto polo TSXG senón que emitiu unha instrución pola que serán os equipos directivos dos centros os que determinen a lingua na que se imparten as clases. O departamento da Xunta mantén a polémica enquisa aos pais sobre a lingua dos fillos, aínda que a consulta non será vinculante.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, Educación, Tribunal Supremo, Consellaría de Educación...