O Mercado de San AgustÃn, na Coruña, será o escenario este 8 de novembro da primeira edición de Coruñart, Feira das Industrias Culturais e Creativas. A cita nace cun espazo para profesionais e outro para público xeral da man do Concello e das empresas e-Me Comunicación, Cultivando Afectos e Tótem.
O mercado acollerá postos de decenas de artistas e empresas do sector cultural que darán a coñecer os seus traballos ao público xeral. Ademais, as actividades abertas inclúen un pregón a cargo de Lúa Mosquetera, un obradoiro de estampado de roupa, concertos de Carlos Bau e LuÃs Moro e espazos para que persoas dos ámbitos da literatura e da música presenten as súas propostas.
No espazo profesional, a actividade abre cunha mesa redonda dedicada a 25 anos de polÃticas culturais na cidade da Coruña, da man das persoas que levaron esa área nos gobernos locais deses perÃodos. Un obradoiro sobre como conseguir contratacións nos ámbitos da música e da escena, da man de Fani Vázquez e Tomi Legido, un debate sobre as posibilidades de vivir da literatura con Abril Camino e AntÃa Yáñez ou unha mesa sobre as oportunidades e desafÃos da fotografÃa do paÃs, a cargo de Brais Lorenzo e Xabier Quiroga, fan tamén parte do programa.
Patricia Hermida e Josiño Carballo desenvolverán un debate sobre as oportunidades para novas propostas no mercado musical galego, mentres Santy Gutierrez e Irene Sanjuan tratarán das posibilidades de se dedicar profesionalmente á ilustración. Finalmente, un encontro sobre autoedición, coedición e edición profesional, con Laura RodrÃguez, Iago Fandiño, e Rober Cagiao, completa as mesas do apartado profesional do encontro. A estas propostas súmase un almorzo profesional e mais un obradoiro sobre crear un perfil profesional no ámbito creativo.