O I MICAtlántica buscará saída en Sudamérica para as industrias culturais

Mercado das Industrias Culturais Atlánticas celebrarase en Compostela entre o 23 e o 26 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O I MICAtlántica buscará saída en Sudamérica para as industrias culturais

Desenvolver circuítos de circulación de produtos e servizos culturais entre empresarios de Arxentina, España e Portugal a través de Galicia. Este é o obxectivo co que a Consellaría de Cultura acaba de presentar MICAtlántica o Mercado das Industrias Culturais Atlánticas que acollerá a Cidade da Cultura entre o 23 e o 26 de novembro. O encontro nace da colaboración da Xunta con institucións arxentinas e busca a colaboración de firmas que traballen nos campos da música, a edición, os videoxogos, as artes escéncicas, o audiovisual ou o deseño e a artesanía.

Malia a que o encontro se centrará en promover o contacto entre empresas culturais dos diferentes países participantes, haberá tamén obradoiros, presentacións, conferencias e mais seccións dedicadas á proxección de filmes e mais a actuacións musicais e teatrais, cun programa aínda por concretar.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arxentina, Sudamérica, Portugal, Cidade da Cultura de Galicia...