O Gaiás acollerá un encontro galego-arxentino de industrias culturais

O PreMICA Europa celebrarase o vindeiro mes de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais asinou un convenio co Goberno Arxentino para promover a cooperación neste campo. No marco deste acordo, a Cidade da Cultura acollerá o vindeiro mes de xullo o PreMICA Europa, primeira edición no noso país deste evento das industrias culturais arxentinas. O proxecto comprenderá roldas de negocio, conferencias e exhibicións artísticas das dúas bandas do Atlántico. De xeito paralelo, representantes do sector galegos poderán participar o vindeiro ano no MICA (Mercado das Industrias Culturais) en Arxentina durante 2013.

Juan Carlos Fernández Fasero, director da AGADIC, asinou tamén un convenio co director da Radio y Televisión Argentina (RTA), Tristán Bauer, destinado "a estreitar e impulsar os vínculos profesionais e artísticos no ámbito audiovisual" mediante encontros sectoriais.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Arxentina, Gaiás, Axencia Galega das Industrias Culturais...