Un curso analizará a relación do sector audiovisual con outras industrias culturais

A actividade terá lugar do 8 ao 10 de xullo en Celanova

2/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A prensa, a banda deseñada, a música ou a literatura son, alén de industrias culturais, fonte de inspiración para moitas producións audiovisuais. E sobre esa relación falarán máis de trinta expertos no marco do curso O audiovisual e as industrias culturais que desenvolven en Celanova (8-10 de xullo) a Fundación Casares, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Universidade de Vigo. O programa contempla desde mesas redondas e conferencias maxistrais, xunto con proxeccións do audiovisual máis recente.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Banda deseñada, Literatura, Fundación Casares...