Un curso analiza a creatividade como fórmula ante a crise audiovisual

Este ano os asistentes rodarán un documental con alumnos da ESAD

Como cada ano, Celanova acollerá un curso de verán que pretende servir de lugar de reflexión sobre o audiovisual galego. Nesta ocasión, baixo o título “Crise versus creatividade” pretende analizar as últimas producións audiovisuais galegas e a situación ante o contexto delicado que atravesa o sector. O documental "Tralas luces", a longametraxe “O sexo dos anxos” (Xavier Villaverde) e a curta "Birdboy" (Pedro Rivero e Alberto Vázquez) son algúns dos títulos dos que se falará nesta cita. Como novidade, o curso incluirá a realización dun documental que implicará tamén a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, no que catro actores participarán na rodaxe. O curso, organizado pola Universidade de Vigo, a Fudnación Carlos Casares, desenvólvese entre o 18 e o 20 de xullo.