O MACUF fai un percorrido polo cine documental nun curso

O curso desenvólvese do 19 ao 30 de xaneiro

23/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hai numerosas publicacións que defenden que a xénese do cinema é eminentemente documental, como rexistro da realidade. Ademais, nos últimos anos nótase un incremento exponencial deste tipo de producións audiovisuais. Por estes motivos, o Museo de Arte Contemporánea (MACUF) organiza do 19 ao 30 de xaneiro, o curso Introdución á historia do Cine Documental. Un percorrido histórico polas principais correntes do cine de Non Ficción. Nel, Elena Oroz e José Manuel Sande, farán un percorrido a través das diferentes correntes documentais: o documental clásico, o falso documental, o cinéma-verité ou as novas tendencias contemporáneas (found footage, performativo...).

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

22/04/2014

Un pioneiro de película

Un documental recupera a figura e o traballo de José Gil no audiovisual a comezos do século XX

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cine, Macuf, Documentais

Claves

Entidades