Pontevedra acolle un ciclo que analiza a evolución do documental

A actividade desenvólvese do 22 ao 30 de xuño

3/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foi un dos xéneros en auxe nos últimos e tempos e, lonxe de estancarse continúa a evolucionar. E eses cambios son os que pretende tratar o ciclo Do documento ao cine documental que organiza a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Un curso que analiza conceptos como imaxe, fronteira ou contaminación da man de profesores de diferentes universidades españolas. Ademais, entre os obxectivos do curso que se desenvolve do 22 ao 30 de xuño, figura o de crear un glosario terminolóxico básico sobre o eido documental.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Pontevedra, Cine

Claves

Conceptos
Lugares