Un ciclo reflexiona sobre a modernidade no cinema contemporáneo

Reflexións cinematográficas

23/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Carlos F. Heredero, director da edición española da revista “Cahiers du cinema”, así como varios colaboradores da publicación e outros especialistas estarán en Pontevedra do 27 de xuño ao 1 de xullo para analizar o discurso do cinema contemporáneo desde o punto de vista da modernidade. As fronteiras entre a ficción e o documental ou a tecnoloxía dixital fan parte deste ciclo que organiza o vicerreitorado do Campus de Pontevedra que hoxe abre o seu prazo de inscrición. O curso achega dous créditos de libre configuración para os estudantes de calquera facultade de Galicia.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Pontevedra, Tecnoloxía, Documental

Claves

Lugares