Numerosos ciclos enchen de cine toda Galicia

A Universidade de Vigo desenvolve un ciclo sobre os cambios de vida dos españois

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

En francés, sobre a memoria de España, sobre Palestina ou de cine mudo. Son as temáticas dos diferentes ciclos que se organizan estes días en todo o país. O Centro de Linguas Modernas do campus lugués da Universidade de Santiago inicia hoxe o ciclo de cinema francófono que se desenvolve ao longo de todo o mes. En Pontevedra, a Universidade de Vigo acolle outro no que catro documentais pretenden recoller os cambios na vida dos españois. Pola súa banda, o concello de Ferrol e a ONG Solidariedade Internacional achega estes días un ciclo sobre Palestina para que a cidadanía teña as claves do conflito palestino-israelí. Por último, en Pontedeume desenvólvese estes días a oitava edición do ciclo de cine mudo e cómico.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Universidade de Vigo, Palestina, Documentais...