O futuro do sector audiovisual galego debátese en Celanova

Conferencias e un obradoiro práctico conforman o X curso de medios audiovisuais

11/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Dunha banda conferencias e da outra un seminario de carácter práctico. Nas xornadas de debate profesionais e especialistas tentarán debuxar un panorama dos novos formatos e produtos así como proporán ideas de cara ao futuro. No seminario práctico, Celanova, plató de ficción, dirixido por Paulino Pérez Feijoo e destinado especificamente a alumnos de Comunicación Audiovisual, deberán facer unha webserie de tres capítulos con orzamento pechado. A cita é un clásico no programa formativo do sector audiovisual galego e está organizado pola Fundación Carlos Casares, a Axencia Galega das Industrias Culturais e o concello de Celanova.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Obradoiro, Carlos Casares, Comunicación Audiovisual...