Estes dÃas celébranse numerosas xornadas formativas para profesionais do sector audiovisual. Eduardo Arrollo, director de programas de entretemento como CQC, Noche H ou Estas no son las noticias, achegará hoxe aos alumnos de Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual a creación e desenvolvemento de programas de entretemento. Hoxe tamén estará en Galicia Juan Torres, director xeral da distribuidora española cinematográfica Contraplano DC/ Eurocine Films, pero no seu caso para dar as claves que rexen nos mercados para a venta de pelÃculas. O programa formativo do sector audiovisual complétase os dÃas 23 e 24 de marzo na Coruña cun seminario sobre propiedade intelectual. O encontro, organizado polo Clúster Audiovisual Galego pretende dar a coñecer as formas de protección das creacións audiovisuais.