O Consorcio Audiovisual ultima a presenza en dous mercados internacionais

O Clúster Audiovisual estará no Río Content Market de Brasil

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Consorcio Audiovisual ultima a presenza en dous mercados internacionais

As produtoras galegas preparan estes días a súa asistencia a citas audiovisuais de carácter internacional. A través do Clúster do Audiovisual e do Consorcio Audiovisual de Galicia asistirán a cita de carácter estratéxico para a comercialización e produción de produtos audiovisuais. O Consorcio estará presente no European Film Market de Berlín co seu catálogo Films From Galicia (23 titulos entre os que está 18 comidas ou Todos vós sodes capitáns) e no de curtametraxes Clermont Ferrand con Shorts from Galicia. Doutra banda, esta semana remata o prazo para apuntarse ao Río Content Market de Brasil, cita de relevancia para a produción de contido multiplataforma, á que asistirá o Clúster do Audiovisual.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Consorcio Audiovisual de Galicia, Berlín