Arrinca en Berlín un dos mercados audiovisuais máis destacados con presenza galega

O European Film Market desenvólvese entre o 5 e o 15 de febreiro

4/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Do 5 ao 15 de febreiro, os produtores do audiovisual teñen unha cita en Berlín. A capital alemá acolle a celebración do European Film Market, o apartado mercantil da Berlinale, a gran festa do cine europeo. Dez empresas do Clúster Audiovisual Galego: Xamalú Filmes, Voz Audiovisual, Adivina Producións, Ficción Producións, Formato Producións, Filmanova, Continental, Abano Producións e Perro Verde Films asistirán a partir de mañá a este encontro. Visionados, proxeccións de prensa, reunións informais entre produtores e debates son algunhas das actividades nas que participarán as empresas galegas.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlín, Cine, Berlinale, Filmanova...