Dezasete empresas galegas participan no European Film Market da Berlinale

A longametraxe Elisa y Marcela participará na sección competitiva do festival

12/2/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un total de dezasete produtoras e distribuidoras do país fan parte da misión comercial que coordina a Axencia Galega das Industrias Culturais no European Film Market. Este mercado, que se desenvolve canda ao Berlinale na capital alemá ata o vindeiro 15 de marzo, está considerado un dos máis importantes do sector a nivel mundial. Big Rights, Boneca Lareta, Esnatu Zinema, Ficción Producciones, Filmax, Filmika Galaica, Frida Films, Gaitafilmes, Matriuska Producciones, Numax Distribución, Noveolas Producciones, Ollovivo Producións, Portocabo, Vaca Films, Vía Láctea Filmes, Zeitun Films e Zenit TV, así como do Clúster Audiovisual Galego (Clag) son as firmas que están presentes no evento baixo a marca Films from Galicia para negociar acordos de coprodución, vendas e distribución internacional.

A sección competitiva do prestixioso festival acolle, pola súa banda, a estrea do filme Elisa y Marcela, dirixido por Isabel Coixet. Esta produción de Zenit Audiovisual que narra a historia do primeiro matrimonio entre mulleres rexistrado na historia contou cunha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais para o seu desenvolvemento e foi rodado en localizacións galegas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlinale, Axencia Galega das Industrias Culturais, Ficción Producciones, Clúster Audiovisual Galego...