Cinco produtoras participan no Marché du Film de Cannes

AGADIC e o IGAPE promoven esta misión comercial para o sector audiovisual

Abano Producións, Artefacto Producciones, Dragoia Media, Ficción Producciones e Vaca Films son as empresas galegas que participan, desde onte e ata o vindeiro 24 de maio, no Marché du Film de Cannes. As firmas do noso país achéganse ao máis importante mercado cinematográfico do mundo no marco dunha misión comercial organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica. Entre outras producións, a delegación galega buscará financiamento ou distribución para títulos como A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella, O Apóstolo, Organistrum, Meñique ou Welcome to Harmony.