Seis produtoras galegas participan no European Film Market

Adivina, Ficción, Frida, Matriuska, Tic-Tac e Vaca acoden ao evento da man de AGADIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Berlín acolle desde hoxe, a coincidir coa inauguración do seu celebérrimo festival de cinema, unha nova edición do European Film Market, considerado o segundo mercado cinematográfico do mundo. No evento participan seis produtoras galegas, que se achegan á capital alemana no marco da misión comercial que desenvolve a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Adivina Producciones, Ficción Producciones, Frida Films, Matriuska Producciones, Tic-Tac Producciones e Vaca Films son as empresas que tentarán vender os seus traballos e realizar contactos no encontro.

Ademais, no European Film Market distribuirase tamén o catálogo Films from Galicia e mais a publicación Ways to Film, que se centra na promoción do noso país como escenario para rodaxes.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Cine, Igape, Ficción Producciones...