Dez produtoras galegas participan en Ventana Sur

O mercado audiovisual celébrase en Bos Aires entre o 3 e o 6 de decembro

2/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, anunciou esta mañá que dez produtoras do país participarán, co seu apoio, no mercado audiovisual Ventana Sur. Este evento, que se celebra en Bos Aires entre os días 3 e 6 de decembro, contará coa presenza das firmas Ficción Producciones, Filmanova, Adivina Producciones, Enxebre Entertainment, Formateo, Xamalú Filmes, Abano Producións, TV Siete, Vimbio Films e Desembarco Film. No evento proxectaranse mostras de filmes destas produtoras, realizarase un encontro profesional e poderá verse o novo vídeo promocional Films from Galicia.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Vimbio, Ficción Producciones, Filmanova...