Sete empresas do audiovisual galego están presentes estes dÃas no mercado audiovisual MIPTV 2017, que se celebra ata o 6 de abril na cidade francesa de Cannes. O MIPTV é a principal feira internacional para a comercialización de todo tipo de programas, formatos e contidos para televisión. As empresas acoden a esta cita como parte da delegación organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Ficción Producciones, Maruxiña Films, Somadrome e Voz Audiovisual repiten a experiencia do ano pasado, mentres que CTV, Ollo Vivo e Productora Faro incorpóranse nesta edición á misión comercial e institucional galega. As sete produtoras compartirán punto de encontro co resto das empresas españolas do pavillón ‘Audiovisual from SpainÂ’, promovido polo ICEX España Exportación e Inversiones.
Como en anos anteriores, as firmas galegas desprazáronse a Cannes co principal obxectivo de establecer contactos internacionais con potenciais coprodutoras e/ou distribuidoras na procura de vÃas de financiamento e explotación dos seus produtos televisivos, tanto en proxecto como xa rematados. Deste modo, CTV participa no mercado coa serie Dalia, a modista, producida para Televisión de Galicia, a serie de ficción máis galardoada na última edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Ficción Producciones está a manter encontros con empresas brasileiras, francesas e xermanas para presentarlles Una casa en amargura, proxecto da miniserie de oito capÃtulos baseada no libro do mesmo tÃtulo da lucense Elisa Vázquez de Gey, que será coproducido co Instituto Cubano de Radio y Televisión (ICRT). Na axenda de traballo da delegación galega, destaca tamén a actividade de Somadrome, que asiste un ano máis ao MIPTV na busca de acordos de pre-venda e de coprodución que consoliden a empresa no mercado internacional. A produtora galega, da que xa son clientes moitas das máis importantes canles de televisión do mundo, como Al Jazeera, BBC UKTV (Reino Unido), N24 (Alemaña), TVE ou KBS (Corea do Sur), busca agora expandirse aos mercados de Canadá, China e Xapón, asà como ampliar a súa presenza en Europa e América. A esta edición da feira chega co proxecto de documental Passion for the mind, coproducido xunto a Agallas Films. Ademais, Somadrome presenta o proxecto de serie documental Space colonies.