Catorce empresas galegas participan no MIPTV de Cannes

Medra a presenza do noso audiovisual no mercado de dereitos televisivos

5/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O MIPTV de Cannes, o maior mercado internacional de formatos, programas e contidos para televisión, conta un ano máis cunha nutrida presenza do audiovisual galego. Un total de catorce produtoras do país participan desde onte, co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, neste encontro. A cifra supón un incremento a respecto ás once empresas que asistiron na pasada edición e ás oito que compuñan a delegación en anos anteriores. Artefacto, Ficción, Filmanova Invest, International Audiovisual Communication, Intuitive Productions, Matriuska, Maruxiña Films, Obradoiro Cab Sad, Portocabo, Somadrome, Tree Line, Vía Láctea, Voz Audiovisual e Zenit TV son as firmas que visitan a cidade francesa ata o vindeiro sete de abril.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Voz Audiovisual, Portocabo, Axencia Galega das Industrias Culturais...