Comeza o MIPTV de Cannes con presenza galega

Oito produtoras acoden ao evento baixo a marca Audiovisual from Spain

8/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Agallas Films, CTV, Maruxiña Films, Enxebre Entertaiment, Intuitive Productions Tree Line Distribution, Ficción Producciones e Somadrome Creative participan desde hoxe e ata o vindeiro 11 de abril no MIPTV de Cannes. As empresas galegas participan no encontro, considerado o principal mercado europeo de produtos televisivos, baixo a marca Audiovisual from Spain co apoio de AGADIC e mais do Instituto de Comercio Exterior. Segundo sinala AGADIC, no evento distribuirase o catálogo Films from Galicia e mais a publicación Ways to Film, que promove o noso país como escenario para rodaxes.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Ficción Producciones, CTV, Axencia Galega das Industrias Culturais